Saturday 27 de April de 2024

O Concello habilitou un operativo de seguridade con motivo das festas do Alto do Castiñeiro


O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou que dende hoxe habilitou dende o Concello un operativo de seguridade con motivo das festas do Alto do Castiñeiro. Unha trintena de persoas velarán pola seguridade de todos aqueles que se despracen ata este populoso barrio da cidade que celebra esta fin de semana as súas festas patronais, San Xosé Obreiro.

En base a este operativo, tal e como indicou o edil, habilitouse un punto de atención sanitaria con dúas carpas de Protección Civil de Narón, dende onde se coordinarán as accións de seguridade e tráfico por parte da Policía Nacional e Policía Local de Narón. A base do operativo está ubicada nas inmediacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

Así mesmo, o edil recordou que dende hoxe e ata o domingo, dende as 20.00 ata as 06.00 horas permanecerá cortada ao tráfico rodado a rúa Rafael Bárez, establecéndose rutas alternativas.